Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 23 de novembro de 2012 Páx. 44284

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Tribunal de Contas (Sección de Axuizamento - Departamento Terceiro)

EDICTO (C-208/12).

O director técnico do Departamento 3º e secretario no procedemento de reintegro por alcance nº C- 208/12, en virtude do acordado en providencia do conselleiro de Contas, do 5 de novembro de 2012, e para dar cumprimento ao previsto no art. 68.1, en relación co 73.1, ambos da Lei 7/1988, do 5 de abril, reguladora do funcionamento do Tribunal de Contas.

Fai saber que neste tribunal se segue procedemento de reintegro por alcance nº C-208/12, do ramo EE. LL. (Concello de Viveiro), como consecuencia dun presunto alcance no Servizo de Recadación Municipal do Concello de Viveiro (Lugo), do cal poderían derivarse indicios de responsabilidade contable.

O que se fai público coa finalidade de que os legalmente habilitados para o mantemento ou oposición á pretensión de responsabilidade contable poidan comparecer nos autos, facéndoo en forma dentro do prazo dos nove días seguintes á publicación deste edicto.

Dado en Madrid o cinco de novembro de dous mil doce.-O director técnico, secretario do procedemento: F. de la Cueva Iranzo.-Asinado e rubricado.