Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 29 de novembro de 2012 Páx. 45023

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 2012, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 588/2011, interposto por Manuel Alejandro Mier Camblor e outros.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.O. 588/2011, interposto por Manuel Alejandro Mier Camblor, César Alonso Vila, Sonia Costa Novoa, Luis Jesús Marco Preto, Joaquín Fabeiro Beiro, Miriam Gutiérrez Muñiz, Antonio López Iglesias, Juan Carlos Morán del Pozo, Alberto Villaverde Sedano, Begoña López de la Fuente, Eva Pena López, Óscar Dopacio Soliño, María Teresa Negreira Pazos, Ignacio Ovalle Fernández, Juan José Vázquez Suárez, Manuel Caride González, Antonio Gómez Campos, Jesús Fernández Fajo, José Manuel Amor Blanco, Jorge Quintela Fernández, Tatiana García Santiago, Federico López Casal, Carmen Casal Quintela, Nuria Isabel Vilela Rancaño, contra o Decreto 55/2011, do 31 de marzo, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2011.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contado desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2012

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública