A Fundación Centro Tecnolóxico da Carne convoca os procesos selectivos REF.PER.-2012/06, 07, 08, 09, 10 e 11 para a contratación, polo sistema de concurso e mediante contrato de duración determinada, de persoal científico-técnico con cargo a diversos proxectos de cooperación con empresas.
As bases da convocatoria e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web (www.ceteca.net) e no taboleiro de anuncios da Fundación, no Parque Tecnolóxico de Galicia; avenida de Galicia, nº 4, 32900 San Cibrao das Viñas, Ourense.
O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.
San Cibrao das Viñas, 28 de novembro de 2012
Miguel Fernández Rodríguez
Director xerente da Fundación Centro Tecnolóxico da Carne