Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 29 de novembro de 2012 Páx. 45115

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Zas

ANUNCIO de información pública sobre instalación de central de distribución alimentaria con sala de despezamento de ave e almacén frigorífico no polígono do Allo.

Ramos Alidis, S.L. solicitou licenza de legalización de instalación de central de distribución alimentaria con sala de despezamento de ave e almacén frigorífico no polígono do Allo, parcela nº 14, lugar do Allo, sometida a avaliación de incidencia ambiental, neste concello tramítase o oportuno expediente.

En cumprimento do disposto no Decreto 133/2008, procédese a abrir un período de información pública polo prazo de vinte días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia para que, aqueles que se vexan afectados dalgún modo pola dita actividade, presenten as observacións que consideren pertinentes.

O expediente obxecto desta información pódese consultar nas oficinas municipais en horario de oficina.

Zas, 17 de outubro de 2012

Manuel Muíño Espasandín
Alcalde