Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 29 de novembro de 2012 Páx. 45114

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Zas

ANUNCIO de información pública sobre instalación de actividade de explotación gandeira de vacún de carne no polígono deste concello.

Daniel Mata Rey solicitou licenza de instalación da actividade de explotación gandeira de vacún de carne sita no polígono 34, parcela 191 do concello de Zas, sometida a avaliación de incidencia ambiental, e neste concello tramítase o oportuno expediente.

En cumprimento do disposto no Decreto 133/2008, procédese a abrir un período de información pública polo prazo de vinte días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia para que, aqueles que se vexan afectados de dalgún modo pola dita actividade, presenten as observacións que consideren pertinentes.

O expediente obxecto desta información pódese consultar nas oficinas municipais en horario de oficina.

Zas, 17 de outubro de 2012

Manuel Muíño Espasandín
Alcalde