Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 30 de novembro de 2012 Páx. 45266

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Boiro

ANUNCIO de exposición pública do proxecto de modificación puntual do Plan parcial dos sectores SURPP B1 e B2.

A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do 6 de novembro de 2012, aprobou de xeito inicial o proxecto de modificación puntual do Plan parcial dos sectores SURPP B1+B2 que fora aprobado de xeito definitivo polo Pleno da Corporación na sesión do 8 de marzo de 2007.

Tamén acordou someter o expediente a exposición pública por un prazo dun mes mediante a inserción de anuncios no taboleiro municipal, na páxina web do concello, no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de máis difusión da provincia, así como a notificación individual aos propietarios afectados que constan no proxecto.

Durante este prazo o expediente estará á disposición dos interesados para a súa consulta nas oficinas municipais de Urbanismo (2ª planta da casa do concello), que poderán formular as alegacións que xulguen oportunas no citado prazo dun mes.

Do mesmo xeito, o proxecto da modificación puntual poderá consultarse na páxina web deste concello (www.boiro.org).

Con esta aprobación inicial queda suspendida a concesión de licenzas no ámbito afectado pola modificación puntual. Esta suspensión cesará coa aprobación definitiva da modificación puntual e terá, en todo caso, unha duración máxima de dous anos.

Boiro, 9 de novembro de 2012

Juan José Dieste Ortigueira
Alcalde