Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 30 de novembro de 2012 Páx. 45267

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Carballiño

ANUNCIO de licitación para a contratación do servizo de limpeza de edificios municipais.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Concello do Carballiño.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Concello do Carballiño.

2) Domicilio: praza Maior, 1.

3) Localidade e código postal: O Carballiño, 32500.

4) Teléfono: 988 53 00 07.

5) Telefax: 988 53 00 08.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato suxeito a procedemento aberto.

b) Descrición: contrato de servizos para a realización dos traballos de limpeza de edificios municipais.

e) Prazo de execución/entrega: dous (2) anos non prorrogables.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe total dous (2) anos: 156.942,16 €, máis o 21 % de IVE, que ascende á cantidade de 32.957,84 €, o que fai un total de 189.900,00 €.

6. Garantías exigidas. Definitiva (%): 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría): U, 1, b.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo de presentación: quince (15) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do último anuncio no BOP, no DOG ou no perfil do contratante do Concello do Carballiño.

b) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral de entrada de documentación do Concello do Carballiño ou por calquera dos medios que se establecen no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

a) Admisión de variantes: admítense melloras ofertadas polo contratista.

b) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a oferta: dous (2) meses.

9. Apertura de ofertas: Concello do Carballiño.

a) A data e a hora: o terceiro día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo sinalado para a presentación de proposicións, ás 10.00 horas.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

O Carballiño, 8 de novembro de 2012

Argimiro Marnotes Fernández
Alcalde