Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 30 de novembro de 2012 Páx. 45269

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Castro de Rei

ANUNCIO de delimitación de núcleo rural.

A Alcaldía, mediante o Decreto nº 466, do 26 de novembro de 2012, e de conformidade coa disposición adicional segunda da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, modificada pola Lei 15/2004, do 29 de decembro, aprobou inicialmente o expediente de delimitación do núcleo rural de Pena da Cabra en Duancos, Castro de Rei (Lugo), redactado polo arquitecto José Manuel López Valiño, colexiado co nº 965, e presentado por iniciativa de Mª Jesús Martínez Fernández, en representación de propietarios da urbanización Pena da Cabra.

O expediente sométese á información pública polo prazo dun mes contado desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e en dous xornais da provincia, co fin de que, durante o citado período, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas poidan examinalo nas oficinas do concello, en Castro de Rei, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Castro de Rei, 26 de novembro de 2012

Francisco Javier Balado Teijeiro
Alcalde