Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 30 de novembro de 2012 Páx. 45275

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Silleda

ANUNCIO de información pública sobre acondicionamento e apertura de taller de electromecánica.

Félix Castro Rozados presentou neste concello solicitude de licenza para o acondicionamento e apertura de local para dedicalo a taller de electromecánica, na rúa Antón Alonso Ríos, nº 16, baixo (Silleda). En cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a exposición pública durante o prazo de vinte días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Estará exposto no taboleiro de anuncios do concello e poderá consultarse no Departamento de Urbanismo deste concello os días laborables das 9.00 ás 14.00 horas, todo iso para os efectos de posibles reclamacións.

Silleda, 23 de outubro de 2012

Paula Fernández Pena
Alcaldesa presidenta