Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 30 de novembro de 2012 Páx. 45276

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de información pública sobre instalación dunha unidade autónoma de subministración de GLP para abastecemento de vehículos en estación de servizo existente (expedientes 77561/421 e 39704/422) e venda de produtos agrícolas (expedientes 77217/421 e 39532/422).

As entidades que se citan solicitaron da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo licenzas urbanísticas para as actividades e nos lugares que a seguir se indican:

1. Solicitante: praza de España. Estación de Servicio, S.L.; actividade: instalación dunha unidade autónoma de subministración de GLP para abastecemento de vehículos en estación de servizo existente. Localización: praza de España-Gran Vía nº 60; expedientes: 77561/421 e 39704/422.

2. Solicitante: Voodoo Trading, S.L.; actividade: venda de produtos agrícolas. Localización: avenida de Madrid nº 150; expedientes: 77217/421 e 39532/422.

De conformidade co artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométense os expedientes a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no DOG, BOP e exposición no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, para que quen se considere afectado dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno.

O prazo de información pública entenderase aberto desde o día seguinte ao da publicación do primero anuncio e rematará transcorridos vinte días desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio. Os expedientes atópanse á disposición do público en xeral e pódense consultar na oficina de Arquivo e Control da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta -1 do Edificio da Xerencia, sito na praza do Rei, 4, Vigo).

Vigo, 8 de novembro de 2012

Carlos López Font
Vicepresidente da Xerencia Municipal de Urbanismo