Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 30 de novembro de 2012 Páx. 45277

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Xinzo de Limia

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle en Morgade.

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 13 de novembro de 2012, adoptou, entre outros o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar definitivamente o estudo de detalle de iniciativa pública elaborado o 19 de xuño de 2012 polo arquitecto Vítor Dorrío Conde, que afecta unha área situada ao norte do núcleo tradicional de Morgade, nunha paraxe denominada A Lamela, de 14.598,23 m2, e 22 parcelas, e que desenvolve o Plan xeral de ordenación urbana de Xinzo de Limia, quedando extinguida a suspensión de licenzas.

Segundo. Publicar o acordo de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia, e o texto dos documentos que o integran, así como o índice de planos do estudo de detalle no Boletín Oficial da provincia, co fin de que entre en vigor o dito instrumento de planeamento.

Terceiro. Notificar o presente acordo aos propietarios e demais interesados directamente afectados polo estudo de detalle.

Cuarto. Comunicar á consellería competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio a aprobación do estudo de detalle referido, á vez que se lle dá traslado dunha copia autenticada de dous exemplares con todos os planos e documentos que o integran.

Recursos: contra o contido do mencionado acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer de xeito potestativo o recurso de reposición diante do mesmo órgano que o ditou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación. O recurso de reposición entenderase desestimado se no prazo dun mes, contado desde o día seguinte á interposición, o órgano competente para resolvelo non ditase e notificase resolución expresa.

Contra a resolución expresa do recurso de reposición, ou ben directamente (sen recurso administrativo), poderase interpoñer o recurso contencioso-administrativo diante do Xulgado Contencioso-Administrativo, no prazo de dous meses, prazo que será de seis meses no caso de non resolverse de xeito expreso o recurso de reposición, contados a partir do día seguinte a aquel en que deba entenderse presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto; todo isto de conformidade co disposto no artigo 52 da Lei 7/1985, reguladora das bases do réxime local, artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Advírteselle tamén que se poderá utilizar calquera outro recurso que se considere pertinente, así como exercer as accións que procedan diante da xurisdición competente.

Xinzo de Limia, 21 de novembro de 2012

Antonio Pérez Rodríguez
Alcalde