Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 3 de decembro de 2012 Páx. 45317

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2012 pola que se lles dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 30 de decembro de 2011 pola que se procede á convocatoria de axudas para o fomento e consolidación das asociacións de cooperativas e de sociedades laborais para o ano 2012 (DOG número 12, do 18 de xaneiro).

En cumprimento do disposto no artigo 10 da Orde do 25 de febreiro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para o fomento e a consolidación das asociacións de cooperativas e de sociedades laborais (DOG número 46, do 8 de marzo), resolvo que se proceda á publicación das subvencións concedidas que se indican no anexo, cun importe total de 600.000 euros, con cargo á aplicación 12.03.324A 481.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o exercicio 2012.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2012

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Relacións Laborais

ANEXO

Entidades beneficiarias

Contía total

da axuda concedida

Unión de Cooperativas Galegas do Transporte-Ucogatra

9.405,48 €

Agrupación Empresarial de Sociedades Laborais de Galicia-Aesgal

31.216,43 €

Unión de Cooperativas de Ensino de Traballo Asociado de Galicia-UCETAG

84.633,84 €

Unión de Cooperativas do Mar de Galicia-Ugacomar

5.033,04 €

Federación de Empresas Cooperativas-Sinerxia

60.760,63 €

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias-Agaca

256.886,79 €

Unión de Cooperativas de Traballo Asociado-Ugacota

152.063,79 €