O artigo 13.2 do Decreto 284/1994, do 15 de setembro, de regulación de avais do Instituto Galego de Promoción Económica, establece que aos avais concedidos polo Igape se lles dará publicidade no Diario Oficial de Galicia.
En virtude do exposto anteriormente,
RESOLVO:
Un. Darlles publicidade aos avais concedidos mediante resolución do presidente do Igape en virtude do convenio polo que se establece unha liña de avais do Igape para facilitar ás empresas galegas o acceso ao financiamento operativo adicional:
Empresa |
Data de concesión |
Euros |
Atesvi, S.L. |
7.9.2012 |
110.000,00 |
Marfrost Logística, S.L. |
7.9.2012 |
75.000,00 |
Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2012
Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica