Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 3 de decembro de 2012 Páx. 45428

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (1183/2011).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1183/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Diego Varela Arosa contra as entidades Nor Seguridad Contra Incendios de Galicia, S.L. e Nor Clisa, S.L., ditouse sentenza cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decido que debo estimar e estimo a demanda presentada por Diego Varela Arosa contra Nor Seguridad Contra Incendios de Galicia, S.L. e Nor Clisa, S.L. e, en consecuencia, condeno ambas as demandadas a aboar ao demandante 3.196,62 euros, máis os xuros do artigo 29.3 do ET.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación, logo de consignación en depósito no caso das empresas condenadas da cantidade de 300 euros e do importe obxecto de condena.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza».

E para que sirva de notificación en legal forma ás codemandadas Nor Seguridad Contra Incendios de Galicia, S.L. e Nor Clisa, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2012

A secretaria xudicial