Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 3 de decembro de 2012 Páx. 45507

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudo de detalle en zona metros cadrados do Plan parcial do sector SUP.1-R Carballido en Perillo (expediente FG número 582).

O Concello Pleno, en sesión ordinaria do 25 de setembro de 2012, acordou aprobar definitivamente o estudo de detalle en zona m2 do Plan parcial sector SUP.1-R Carballido, en Perillo, facendo constar que con data do 29 de outubro de 2012, se remitiu a documentación establecida no artigo 92 da Lei 9/2002 á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpor recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado ou Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 8, 9 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses. Previa e potestativamente, poderase interpor recurso de reposición, de conformidade co artigo 116 da Lei 30/1992, no prazo dun mes. Tamén poderá interpor o recurso extraordinario de revisión, cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola que se aproba o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, nos prazos establecidos no punto 2 do mesmo artigo 118. Todo isto sen prexuízo do dereito dos interesados a formularen a solicitude e a instancia a que se refiren os artigos 102.1) e 105.2) da dita lei.

Oleiros, 29 de outubro de 2012

Ángel García Seoane
Alcalde presidente