Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 3 de decembro de 2012 Páx. 45508

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponteareas

ANUNCIO de información pública sobre centro dental.

Cesáreo García Álvarez solicitou desta alcaldía licenza municipal para actividade de centro dental que se situará na r/ Ramiro Sabell, nº 4, desta localidade. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Ponteareas, 12 de novembro de 2012

Salvador González Solla
Alcalde