Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 3 de decembro de 2012 Páx. 45485

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 7 de novembro de 2012 pola que se notifica o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 27 de setembro de 2012 que fixa o prezo xusto do predio número 80 e 84 sito en Sanxenxo, relativo ao proxecto 00299 (expediente 2010/004181).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible efectuar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar mediante esta cédula a José Luis Martínez Dadín o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 27 de setembro de 2012 que fixa o prezo xusto do predio nº 80 e 84, sito en Sanxenxo, relativo ao proxecto 00299, expediente 2010/004181, cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. A persoa interesada poderá tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, 15703.

3. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación á persoa expropiada, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2012

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o que se expropia: 00299 Vía rápida Sanxenxo-O Grove. Treito: Sanxenxo-O Grove. Clave: N/PO/90.4.7.

Nº expediente: 2010/004181.

Persoa á que se lle vai notificar: José Luis Martínez Dadín.

Expropiante: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas de Pontevedra.

Expropiado: José Luis Martínez Dadín.

Beneficiario: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas de Pontevedra.

Predio Nº: 80 e 84.

Concello: Sanxenxo.

Provincia: Pontevedra.

Valoración da resolución do xurado: 5.810,43 euros.