Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 3 de decembro de 2012 Páx. 45483

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 7 de novembro de 2012 pola que se notifican acordos do Xurado de Expropiación de Galicia que fixan o prezo xusto de predios expropiados (expediente 2009002578 e outros).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlle mediante esta cédula ás persoas que se relacionan no anexo, os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, das datas que nel se recollen.

2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, 15703.

3. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2012

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto: 00661, LAT a 66 kV Parque Eólico Couto de San Sebastián-sub. Portodemouros. TM Silleda e Vila de Cruces.

Concello: Vila de Cruces. Provincia: Pontevedra.

Expropiante: Consellería de Innovación e Industria. Deleg. Prov. de Pontevedra. Oficina Vigo.

Beneficiaria: Eufer Renovables Ibéricas 2004, S.A.

Acto notificado: acordo de fixación de prezo xusto.

Persoa que se notifica

Data acto que se notifica

Nº expediente

Predio

Prezo xusto (€)

Josefina Gómez Naya

José Rodríguez Vilanova

Maruja Méndez Navaza

José Rodríguez Vilanova

María Concepción Salgado Rodríguez

María Concepción Salgado Rodríguez

13.9.2012

13.9.2012

13.9.2012

13.9.2012

13.9.2012

13.9.2012

2009002578

2009002586

2009002605

2009002619

2009002625

2009002626

322

376

413

436/1

519

521

272,06

138,36

726,81

963,05

11.494,38

849,19