Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 4 de decembro de 2012 Páx. 45733

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se anuncia a licitación de contrato, mediante procedemento aberto e tramitación urxente e anticipada de gasto, para a subministración de produtos de alimentación no Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) de Redondela.

A Xefatura Territorial de Vigo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar a licitación do contrato de subministración de produtos de alimentación no CAPD.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Xestión Económica.

2) Enderezo: r/ Concepción Areal, nº 8, 2º andar.

3) Código postal e localidade: 36201 Vigo.

4) Teléfonos: 986 81 77 25/986 81 76 47. Fax: 986 81 76 83.

5) Correo electrónico: rosa.lopez.burillo@xunta.es

6) Perfil do contratante: htttp://www.contratosdegalicia.es/

7) Data límite de obtención de documentación e información: desde a publicación deste anuncio ata a finalización do prazo de presentación de propostas.

d) Número de expediente: 4/2013.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: produtos de alimentación (menús) –provedor único– no Centro de Atención a Persoas con Discapacidade en Chapela, Redondela (Pontevedra).

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) Lugar de execución/entrega: Parada, nº 87, Chapela, 36320 Redondela.

e) Prazo de execución/entrega: 1 ano (2013).

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV: non.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: urxente e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 194.231,82 € (IVE 10 %: 19.423,18 €).

Importe total: 213.655 €.

5. Garantías exixidas.

Provisional: non. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación sen IVE.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: artigos 75.1.a) e 77.1.a) do texto refundido da Lei de contratos do sector público (TRLCSP), aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, sinalados no prego de cláusulas administrativas, folla de especificacións, epígrafes E e F.

b) Outros requisitos específicos: non.

7. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 8 días naturais, contados a partir do día seguinte ao de publicación desta resolución.

b) Modalidade de presentación: sobres selados segundo o exixido no prego.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo, rúa Concepción Arenal, nº 8, 36201 Vigo (Pontevedra), de luns a venres, das 9.00 ás 19.00 horas, e sábados, das 9.00 ás 14.00 horas. As propostas poderanse enviar por correo dentro do prazo de admisión indicado, xustificando a data e hora de imposición do envío, e anunciándoo á Xefatura Territorial de Vigo, mediante fax ou telegrama, no mesmo día e nun so envío. Se a documentación fose presentada en calquera rexistro diferente ao sinalado, a proposta non será admitida a licitación.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses, contados desde a apertura das ofertas económicas.

8. Apertura de ofertas.

a) Enderezo: Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo, rúa Concepción Arenal, nº 8, 36201 Vigo (Pontevedra), na sala A do 2º andar.

b) Data e hora de apertura das propostas: o décimo día natural, contado desde o día seguinte ao de finalización do prazo de presentación de propostas, ás 10.00 horas.

9. Gastos de publicidade: serán por conta dos adxudicatarios (aprox. 10,82 € por liña).

Vigo, 28 de novembro de 2012

P.A. (Decreto 109/2012, do 22 de marzo)
María Peón Fernández
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa