Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 4 de decembro de 2012 Páx. 45736

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se anuncia a licitación de contratos, mediante procedemento aberto e tramitación urxente e anticipada de gasto, para contratar os servizos de limpeza e transporte en centros dependentes desta xefatura territorial.

Esta xefatura territorial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar a licitación dos contratos que a seguir se relacionan:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Xestión Económica.

2) Dirección: r/ Concepción Areal, nº 8, 2º andar.

3) Código postal e localidade: 36201 Vigo.

4) Teléfono: 986 81 77 25 e 986 81 76 47, fax: 986 81 76 83.

5) Correo electrónico: rosa.lopez.burillo@xunta.es

6) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

7) Data límite de obtención de documentación e información: desde a publicación deste anuncio ata a finalización do prazo de presentación de propostas.

d) Número de expedientes: 3, que a seguir se relacionan:

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición:

1. Expediente nº 1/2013: limpeza da residencia de maiores de Marín.

División por lotes e número de lotes: non.

Lugar de execución: r/ Ezequiel Massoni, 9, 36900 Marín.

Orzamento base de licitación: 177.685,95 € (IVE: 37.314,05 €) total: 215.000,00 €.

Prazo de execución: 2 anos (2013-2014).

Admisión de prórroga: non.

Clasificación: si, grupo U, subgrupo 1, categoría A.

A solvencia económica e financeira e a solvencia técnica e profesional: artigos 75.1.a) e 78.a) do texto refundido da Lei de contratos do sector público (TRLCSP), aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, segundo o sinalado no prego de cláusulas administrativas.

Outros requisitos específicos: non.

C.P.V.: non. C.P.A.: 81.21.10.

2. Expediente nº 2/2013: limpeza do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade.

División por lotes e número de lotes: non.

Lugar de execución: Camiño do Gaio 23 (barrio de Parada) 36320 Chapela, Redondela.

Orzamento base de licitación: 180.000,00 € (IVE 37.800,00 €) total: 217.800,00 €.

Prazo de execución: 2 anos (2013-2014).

Admisión de prórroga: non.

Clasificación: si, grupo U, subgrupo 1, categoría A.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: artigos 75.1.a) e 78.a) do TRLCSP, segundo o sinalado no prego de cláusulas administrativas.

Outros requisitos específicos: non.

C.P.V.: non C.P.A.: 81.21.10.

3. Expediente nº 3/2013: transporte para os usuarios do Centro Ocupacional O Saiar.

División por lotes e número de lotes: non.

Lugar de execución: Chan de Prados, Caldas.

Orzamento base de licitación: 90.250,00 € (IVE: 9.025,00 €) total: 99.275,00 €.

Prazo de execución: 1 ano (2013).

Admisión de prórroga: si, 1 ano (2014).

Clasificación: si, grupo R, subgrupo 1, categoría A.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: artigos 75.1.a) e 78.1.a) do TRLCSP, segundo o sinalado no prego de cláusulas administrativas.

Outros requisitos específicos: non.

C.P.V.: non. C.P.A.: 49.3.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: urxente e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas.

4. Garantías exixidas: provisional: non. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación sen IVE.

5. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 8 días naturais, contados desde o seguinte á publicación deste anuncio.

b) Modalidade de presentación: sobres cerrados e selados, segundo o exixido no prego.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo, rúa Concepción Arenal, nº 8, 36201 Vigo (Pontevedra), de luns a venres en das 9.00 ás 19.00 horas e sábados das 9.00 ás 14.00 horas. As propostas poderán enviarse por correo dentro do prazo de admisión indicado, xustificando a data e hora da imposición do envío, e anunciándoo á Xefatura Territorial de Vigo mediante fax ou telegrama, no mesmo día e nun só envío. Se a documentación for presentada nun rexistro diferente ao sinalado, a proposta non será admitida.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses desde a apertura das propostas económicas.

6. Apertura de ofertas.

a) Dirección: rúa Concepción Arenal, nº 8, 2º andar, 36201 Vigo.

b) Apertura de ofertas: aos 10 días naturais contados desde a finalización do prazo de presentación de propostas, ás 11.00 horas.

7. Gastos de publicidade: serán por conta dos adxudicatarios (aprox. 10,82 € por liña).

Vigo, 29 de novembro de 2012

P.A. (Decreto 109/2012, do 22 de marzo)
María Peón Fernández
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa