Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 17 de decembro de 2012 Páx. 46933

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica LMT, CT e RBT Tapada, no concello de Rubiá (expediente IN407A 2012/55-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira 2, 32960 Velle.

Denominación: LMT, CT e RBT Tapada.

Situación: Rubiá.

Características técnicas: LMT subterránea de 115 m de lonxitude, a 15 kV, con condutor RHZ1 e con orixe na LMT existente procedente do CT Tapada III (32AAV1) e remate na LMT ao CT parque empresarial Rubiá 400 kVA, con entrada e saída no CT proxectado Tapada, prefabricado, manobra exterior a 160 kVA e R/T 15.000/400-230 V.

RBT aereo-subterránea de 30 m de lonxitude en aéreo, con condutor RZ-0,6/1 kV e 17 m en subterráneo con condutor XZ1-0,6/1 kV.

Orzamento: 43.506,67 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 7 de novembro de 2012

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense