Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.
Denominación: LMT e CT avda. de Galicia.
Situación: O Barco de Valdeorras.
Características técnicas: LMT subterránea a 15 kV, de 32 m, con condutor RHZ1 e orixe na LMT (BDV703) ao CT 32CFS6 (urb. Alameda) e remate na LMT ao CT 32CCF4 (Conde de Fenosa) con entrada e saída no CT proxectado (avda. de Galicia) prefabricado, de 630 kVA e R/T 15.000/400-230 V.
Orzamento: 36.784,26 euros.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Ourense, 13 de novembro de 2012
Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense