Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 17 de decembro de 2012 Páx. 46935

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica nos concellos de Salvaterra de Miño e Salceda de Caselas (expediente IN407A 2012/276-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Domicilio social: pol. industrial A Chan da Ponte. Parcela 19, 36450 Salvaterra de Miño.

Denominación: reforma LMTA xeral Salvaterra-Salceda 2º circuíto (2ª fase).

Situación: Salvaterra de Miño e Salceda de Caselas.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor LA-180 de 2.017 metros de lonxitude, con orixe no apoio nº 18 da LMT aérea xeral Salvaterra-Salceda e final no seu apoio 33, do cal continúa subterránea 425 metros, con condutor RHZ1, finalizando no centro de transformación existente Salceda-A Gándara. A liña discorre polas parroquias de Cabreira e Arantei (Salvaterra de Miño) e Santa María de Salceda (Salceda de Caselas).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo, avda. Fernández Ladreda, 43-5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 15 de novembro de 2012

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra