Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 17 de decembro de 2012 Páx. 46936

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica recuamento LMTS parque tecnolóxico, no concello de San Cibrao das Viñas (expediente IN407A 2012/62-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: recuamento LMTS parque tecnolóxico.

Situación: San Cibrao das Viñas.

Características técnicas:

Recuamento da LMT subterránea a 20 kV de 180 m de lonxitude, con condutor RHZ1 e con orixe na LMT existente ao CT nº 2 parque tecnolóxico (32CP52) e remate na LMT existente ao CT nº 3 parque tecnolóxico (32CP53).

Orzamento: 12.002,37 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 19 de novembro de 2012

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense