Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 18 de decembro de 2012 Páx. 47001

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2012, da Dirección Xeral da Función Publica, pola que se fan públicas as puntuacións provisionais dos participantes admitidos no concurso para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, escala superior de estatística, e do corpo de xestión da Xunta de Galicia, escala técnica de estatísticos, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 27 de xuño de 2012.

Convocado o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes da escala superior e da escala técnica de estatísticos da Administración da Xunta de Galicia, á vista da proposta do 4 de decembro de 2012, da comisión encargada de valorar os méritos achegados polos concursantes e de conformidade coa base VII.1 da convocatoria, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Facer públicas as relacións coas puntuacións provisionais dos concursantes admitidos para cada un dos postos solicitados. Estas relacións atópanse á disposición dos interesados no Servizo do Rexistro Xeral e Información da Consellería de Presidencia, Administracións, Públicas e Xustiza, nas oficinas do Rexistro e Información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es) na epígrafe función pública.

Segundo. Os interesados poderán formular reclamación contra as puntuacións provisionais no prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2012

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública