Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 18 de decembro de 2012 Páx. 46991

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 7 de decembro de 2012 pola que se nomean novos vogais do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento en representación das ONGD.

De acordo co establecido no número 5 do artigo 11 do Decreto 326/2004, do 29 de decembro, polo que se regulan os órganos de coordinación e asesoramento en materia de cooperación para o desenvolvemento e polo que se crea o Rexistro de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento, modificado polo Decreto 90/2011, do 5 de maio, os vogais do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento serán nomeados e separados polo titular do departamento competente, logo de proposta das entidades con representación naquel, mediante orde publicada no Diario Oficial de Galicia, e desempeñarán os seus cargos por un período de catro anos.

Mediante a Orde do 10 de novembro de 2011 (DOG do 23 de novembro), nomeáronse os vogais do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento en representación dos axentes de cooperación. Téndose producido unha renovación dos vogais en representación das ONGD radicadas en Galicia, propostos pola Coordinadora Galega de ONGD, procede modificar a composición do Consello.

Polo tanto, vistas as propostas de nomeamento formuladas pola Coordinadora Galega de ONGD e de acordo co disposto no número 5 do artigo 11 do Decreto 326/2004, do 29 de decembro, modificado polo Decreto 90/2011, do 5 de maio,

DISPOÑO:

Artigo único

1. Que cesen como vogais, titulares e suplentes, do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento en representación das ONGD as seguintes persoas:

Judith Jeannette Sing Jackson.

Emanuele Lini.

María del Carmen Alborés Maceira.

José Manuel Pérez Otero.

Ana Belén Liñares Castro.

Agradécenselles a todas elas os servizos prestados.

2. Nomear como vogais, titulares e suplentes, do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento en representación das ONGD a:

– Titular: María Patricia Iglesias Fernández.

– Suplentes:

Gonzalo Miguel Gesto Quiñoy.

Juan Carlos de Sola Vollbrecht.

Pablo Rodríguez Soengas.

Germán Vargas Calleja.

3. Nomear como vogal titular do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento en representación das ONGD o seguinte membro que tiña a condición de suplente: Francisco Solano Raigón.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 2012

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza