Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 19 de decembro de 2012 Páx. 47233

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se resolve o recurso de alzada interposto contra a resolución do director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública pola que se fai pública a relación de aspirantes declarados/as aptos/as nas probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

Intentada a notificación ao interesado que se indica a continuación sen que se puidese practicar, resolvo notificar por este medio, ao abeiro do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a resolución do recurso de alzada que se relaciona no anexo, interposto contra a resolución do director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública pola que se fai pública a relación de aspirantes declarados/as aptos/as nas probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas, convocadas pola Resolución do 26 de outubro de 2011 (DOG número 210, do 3 de novembro).

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, cabe formular recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo correspondente no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2012

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

Nº expediente

Recorrente

Enderezo

Data e sentido da resolución do recurso de alzada

RA/AGASP/2012/00002

José Antonio Graña Ramos

1ª Travesía de Santiago de Vigo, nº 5, 1º dereita, Vigo

6.11.2012, desestimatoria