Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 19 de decembro de 2012 Páx. 47231

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (364/2012).

Elena Varela Luaces, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 216/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Laura Aparicio Choren contra a empresa Grialibros, S.L., Aula Noroeste, S.L., Comercial Ara, S.A., Sálvora Areito, S.A., o Fondo de Garantía Salarial, Abraxas Aula 25, S.L. e Grace Antonia Nouel Brache, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

Sentenza 364/2012.

Decido que debo estimar e estimo parcialmente a demanda presentada e, en consecuencia, condeno a Grialibros, S.L. e Grace Antonia Nouel Brache a aboar solidariamente á demandante 9.210,53 euros, en concepto de salarios percibidos ata o 9 de xuño de 2012, cantidade que se deberá incrementar co xuro moratorio do artigo 29.3 do ET.

Non procede ter por ampliada a demanda no importe de 7.966,31 euros correspondentes á indemnización por despedimento, sen prexuízo do dereito da parte, se é o caso, a formular a correspondente reclamación.

Tense a parte demandante por desistida da reclamación fronte a Sálvora Areito, S.A. e Comercial Ara, S.A.

Tense a parte demandante por desistida da acción de resolución contractual exercida na demanda.

Desestímase a demanda fronte a Aula Noroeste, S.L. e Abraxas Aula 25, S.L.

Condeno o Fogasa e a administración concursal de Grialibros, S.L. a estar e pasar por esta resolución.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación, logo de consignación en depósito da cantidade de 300 euros e, no caso das empresas condenadas, do importe obxecto de condena.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada-xuíza.

Notifíquese esta resolución mediante edictos a Abraxas Aula 25, S.L. e Grace Antonia Nouel Brache.

Para que sirva de notificación en legal forma a Abraxas Aula 25, S.L. e a Grace Antonia Nouel Brache, en paradoiro descoñecido, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2012

A secretaria xudicial