Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 19 de decembro de 2012 Páx. 47229

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (32/2011).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 32/2011, deste xulgado do social, seguido por instancia de Alba María Durán Navarrete contra a empresa Cuadernas y Arcos, S.L., Administración concursal de Cuadernas y Arcos, S.L., Covicoruña, Soc. Coop. Galega, sobre ordinario, se ditou a sentenza número 873/2012, cuxo encabezamento e resolución son como segue:

«Sentenza:

A Coruña, 15 de novembro de 2012.

Alba Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, en funcións de reforzo, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 35/2010, en que foi demandante Alba María Durán Navarrete, representada polo letrado Sr. Orantes Canales, e demandadas a empresa Cuadernas y Arcos, S.L., así como a Administración concursal da empresa Cuadernas y Arcos, S.L. Compareceron a administradora concursal Celina Brañas Fernández e a empresa Covicoruña, Soc. Coop. Galega. Da mesma maneira citouse o Fondo de Garantía Salarial.

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por Alba María Durán Navarrete contra a empresa Cuadernas y Arcos, S.L., contra a Administración concursal da empresa Cuadernas y Arcos, S.L. e contra a empresa Covicoruña, Soc. Coop. Galega e, en consecuencia, condeno as empresas Cuadernas y Arcos, S.L. e Covicoruña, Soc. Coop. Galega a aboar a Alba María Durán Navarrete a cantidade de 12.010,87 euros que lle deben. Esta cantidade deberase incrementar co xuro de mora do 10 % respecto dos conceptos de contido estritamente salarial.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá ser anunciado no prazo dos 5 días seguintes ao da notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino».

Así mesmo, con data do 23.11.2012, ditouse acto en que se rectifica o erro material da anterior sentenza, cuxa parte dispositiva é como segue:

«Que debo acordar e acordo a aclaración da sentenza do 15 de novembro de 2012, ditada neste procedemento, no significado seguinte:

Que no seu encabezamento se substitúa a referencia aos autos 32/2010 pola referencia aos autos 32/2011, e se manteña inalterado o resto do seu contido.

Contra este auto non cabe ningún recurso.

Así o acorda, manda e asina Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, en funcións de reforzo».

E para que lle sirva de notificación ás mercantís Cuadernas y Arcos, S.L. e Covicoruña, Soc. Coop. Galega, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 27 de novembro de 2012

A secretaria xudicial