Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 19 de decembro de 2012 Páx. 47216

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (625/2011).

María Jesús Pérez Fernández, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela, mediante este, anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Financiera El Corte Inglés EFC, S.A., fronte a María de Souza Canel, ditouse sentenza o 16 de outubro de 2012, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza:

Vistos por min, Ana Belén López Otero, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela, as presentes actuacións de xuízo verbal tramitadas co número 625/2011 en que interviñeron como demandante Financiera El Corte Inglés EFC, S.A., representada pola procuradora dos tribunais Sra. Sánchez Silva e asistida polo letrado Sr. Martínez Olivares, e como demandada Ángela María Souza Canel, en situación de rebeldía procesual, en virtude das seguintes consideracións,

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral aplicación, dispoño:

Estimar parcialmente a demanda interposta por Financiera El Corte Inglés EFC, S.A. e, en consecuencia, condenar a Ángela María de Souza Canel a aboar á demandante a suma de 1.271,7 euros. Cada parte deberá aboar as custas causadas pola súa instancia e as comúns por metade.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe interpoñer recurso ningún ao ser a súa contía inferior a 3.000 euros.

Así o acordo, mando e asino».

E para que sirva de notificación en forma á demanda María de Souza Canel, en situación de rebeldía e cuxo domicilio se descoñece, expido, selo e asino a presente.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2012

A secretaria xudicial