Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 19 de decembro de 2012 Páx. 47217

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 do Porriño

EDICTO (113/2012).

Yolanda María Fernández Rodiño, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 do Porriño, mediante este anuncio:

Neste procedemento JVB 113/12 seguido por instancia de Gas Natural SUR SDG, S.A. fronte a Pedro Jiménez Borja ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza.

No Porriño, 31 de maio de 2012.

Vistos por min, María del Mar Pais Bonamusa, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 2 do Porriño e o seu partido, os presentes autos de xuízo verbal número 113/2012 en que foron partes, como demandante Gas Natural SUR SDG, S.A. representada polo procurador Sr. Diz Guedes e asistida do letrado Sr. Rodríguez-Vila, e como demandado Pedro Jiménez Borja, sobre xuízo verbal, en virtude das facultades que me confire a Constitución dito a seguinte sentenza:

Fallo que, estimando a demanda formulada polo procurador Sr. Diz Guedes, en nome e representación de Gas Natural SUR SDG, S.A., fronte a Pedro Jiménez Borja, declaro resolto o contrato de subministración de gas para a vivenda sita no Polígono de Torneiros, fase III, nº 20-1, 2º B, do Porriño, declaro que o demandado está obrigado a permitir a entrada no domicilio en que se presta a subministración co fin de que empregados da demandante tomen lectura do contador de gas instalado e se proceda á privación da subministración mediante desconexión e retirada do contador e, no seu defecto, librarase mandamento de entrada para que o día que se sinale para o efecto se constitúa a comisión xudicial no mesmo domicilio, asistida da representación da demandante, co fin de que o persoal técnico desta proceda a tomar lectura do contador de gas instalado e á privación da subministración mediante desconexión e retirada do contador.

Así mesmo, condénase o demando a aboar á demandante a cantidade de 1.708,79 euros (mil setecentos oito euros con setenta e nove céntimos) cos xuros legais correspondentes, así como aquela que resulte da facturación comprendida entre a última lectura facturada de 10.397 m3 de gas (segundo consta na factura do 5.1.2012, documento 17 reverso) e a lectura que se realice no momento da desconexión do contador, ao prezo da tarifa vixente.

As custas impóñense ao demandado».

E encontrándose o devandito demandado, Pedro Jiménez Borja, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

O Porriño, 25 de setembro de 2012

A secretaria xudicial