Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 19 de decembro de 2012 Páx. 47219

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (661/2010).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Social número 2 da Coruña, fago saber que por resolución ditada o día 28.11.2012, no proceso seguido por instancia de Adolfo Tizón Facal contra a empresa Compulogo, S.L., en reclamación por cantidade, rexistrouse co número 661/10 e acordouse notificar á empresa Compulogo, S.L., o ditame de sentenza seguinte:

«Decido que, estimando a demanda interposta por Adolfo Tizón Facal contra a empresa Compulogo, S.L., condénoa a que lle aboe a cantidade de tres mil oitocentos quince euros e vinte e un céntimos (3.815,21 €).

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme, e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado o xustificante acreditativo de ter depositado a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado, aberta en Banesto; a consignación en metálico pode substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, en que se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista, debendo acreditar tamén na indicada conta a consignación da suma de 300 euros preceptiva para recorrer, sen cuxo cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación á empresa Compulogo, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 28 de novembro de 2012

A secretaria xudicial