Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 19 de decembro de 2012 Páx. 47226

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (116/2009).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 116/2009, por instancia de María del Carmen Martínez Fernández contra a empresa Essabe Vigilancia, S.A., sobre cantidade, en que recaeu sentenza con data do 10 de outubro de 2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Estímase a demanda interposta por María del Carmen Martínez Fernández contra a entidade Essabe Vigilancia, S.A. e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Essabe Vigilancia, S.A. a aboar á demandante María del Carmen Martínez Fernández a cantidade de once mil setecentos dezanove euros con corenta céntimos (11.719,40 euros).

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 150 euros, na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Essabe Vigilancia, S.A., expido e asino este edicto.

A Coruña, 28 de novembro de 2012

A secretaria xudicial
Rubricado