Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 19 de decembro de 2012 Páx. 47224

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (794/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 794/2012, por instancia de Eloy Ferreiro Fernández contra Essabe Vigilancia, S.A., sobre resolución de contrato e cantidade, en que recaeu sentenza con data do 31 de outubro de 2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido:

Estímase a demanda interposta por Eloy Ferreiro Fernández contra Essabe Vigilancia, S.A. e, en consecuencia:

– Declárase extinguida, con data desta resolución, a relación laboral que une o demandante coa empresa Essabe Vigilancia, S.A.

– Condénase a empresa Essabe Vigilancia, S.A. a aboar ao demandante a cantidade de sete mil setecentos setenta e oito euros con vinte e sete céntimos (7.778,27 euros) en concepto de indemnización e a cantidade de nove mil catrocentos doce euros con vinte céntimos (9.412,20 euros) en concepto de salarios debidos.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Essabe Vigilancia, S.A., expido e asino este edicto.

A Coruña, 28 de novembro de 2012

A secretaria xudicial