Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 28 de decembro de 2012 Páx. 48200

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2012, da Xerencia da Estrutura de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se anuncia a contratación do servizo de manutención (xantares e ceas) do persoal que deba cubrir as quendas nos P.A.C. dos centros de saúde dependentes da Estrutura de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, mediante procedemento aberto, multicriterio, tramitación ordinaria e anticipada de gastos (AB-EIP1-13-004).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Estrutura de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2) Domicilio: avenida de Vigo, nº 16.

3) Localidade e código postal: Pontevedra 36003.

4) Teléfono: 986 88 51 33.

5) Telefax: 986 88 58 85.

6) Correo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8) Data límite de obtención de documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, agás os sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

d) Número de expediente: AB-EIP1-13-004.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de manutención (xantares e ceas) do persoal que deba cubrir as quendas nos P.A.C. dos centros de saúde dependentes da Estrutura de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega: centros de saúde relacionados nos pregos.

e) Prazo de execución/entrega: 24 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 55320000-9.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gastos.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, de ser o caso: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 499.527,00 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 210.195,00 euros.

Importe total: 231.214,50 euros.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: cinco por cento do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría): ver prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das catorce (14.00) horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, rematará o día hábil seguinte) ou por correo na forma indicada no artigo 80 do Regulamento xeral de contratos das administracións públicas.

b) Modalidade de presentación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral da Estrutura de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

2. Domicilio: rúa Loureiro Crespo nº 2.

3. Localidade e código postal: Pontevedra 36001.

4. Dirección electrónica: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es

d) Admisión de variantes, se procede: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses, desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: apertura en acto público dos sobres B e C.

b) Dirección: publicarase no perfil do contratante.

c) Localidade e código postal: Pontevedra 36003.

d) Data e hora: a data e hora de celebración da apertura dos sobres B e C publicarase no perfil do contratante: www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario ou adxudicatarios. O importe estimado máximo, salvo revisión de tarifas, DOG: 5,42 €/liña. Publicidade no Boletín Oficial del Estado (BOE) 11,29 €/liña de título, liña de texto 12,55 €. Publicidade no Diario Oficial de la Comunidad Europea (DOUE), gratuíta.

Pontevedra, 22 de outubro de 2012

P.D. (Artigo 5 da Orde 5.7.2012)
José Manuel González Álvarez
Xerente da Estrutura de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés