Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 28 de decembro de 2012 Páx. 48196

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consello de Contas de Galicia

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2012 pola que se anuncia a licitación dun contrato de servizos de limpeza, por procedemento aberto con multiplicidade de criterios, para o edificio sede do Consello de Contas de Galicia.

A Comisión de Goberno deste Consello de Contas, por Acordo do 14 de decembro deste ano, dispuxo a apertura do procedemento de adxudicación dun contrato de servizos de limpeza, conforme o seguinte detalle:

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consello de Contas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Secretaría Xeral. Sección de Xestión Económica.

2) Domicilio: rúa de Domingo Fontán, nº 7.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

4) Teléfono: 981 54 22 36.

5) Telefax: 981 54 22 10.

6) Correo electrónico: vlagoa@ccontasgalicia.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante:

www.ccontasgalicia.es. Presentación - Contratación.

8) Data límite de obtención da documentación e información: vixésimo día natural seguinte ao da publicación do presente anuncio.

d) Número de expediente: 12/104.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: prestación durante o período que vai do 1 de xaneiro ao 31 de decembro de 2013 do servizo de limpeza do edificio sede do Consello de Contas de Galicia.

c) División por lotes: non.

d) Lugar de execución:

1) Enderezo: rúa de Domingo Fontán, nº 7.

2) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

e) Prazo de execución: doce meses. De non se formalizar o contrato con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2013, a duración e prezo iniciais do contrato reducirase ao período que vaia desde a súa formalización ata o 31 de decembro do mesmo exercicio.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV: 90911200-8.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, con multiplicidade de criterios.

c) Criterios de adxudicación:

c.1. Prezo (10 puntos).

c.2. Control de execución do servizo (10 puntos).

4. Orzamento base da licitación:

a) Importe neto 78.718,50 €. IVE (21 %). 16.530,89 €. Importe total: 95.249,39 €.

5. Garantías exixidas. Provisional: non. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: grupo U, subgrupo 1, categoría A ou superior.

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: vixésimo día natural seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no DOG, no Rexistro Xeral do Consello de Contas de Galicia, rúa de Domingo Fontán, número 7, en Santiago de Compostela. De coincidir o último día do prazo de presentación en sábado, domingo ou festivo, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: por escrito. No lugar que se indica a continuación ou por correo (artigo 80 RXLCAP).

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral do Consello de Contas.

2. Domicilio: rúa de Domingo Fontán, nº 7.

3. Localidade e código postal: 15702 Santiago de Compostela.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a apertura das proposicións.

8. Apertura de ofertas:

a) Enderezo: rúa de Domingo Fontán, nº 7.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

c) Data e hora: vixésimo quinto día natural seguinte ao de remate do prazo de presentación, ou o primeiro día hábil seguinte de coincidir aquel en sábado ou festivo, ás 10.00 h.

9. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario, ata un máximo de 1.600 €.

10. Outras informacións: a composición da mesa de contratación figura detallada na cláusula 7 do prego de particulares dispoñible no perfil de contratante. Salvo substitución dalgún dos seus membros, dáse por realizada a publicación a que se refire o artigo 21.4 do Real decreto 817/2009.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2012

Luciano Fariña Busto
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia