Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 28 de decembro de 2012 Páx. 48207

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de licitación (L-8/2012).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Subministracións. b) Número de expediente: L-8/2012.

2. Obxecto do contrato: limpeza dos centros cívicos Sta. Margarita, Sagrada Familia e local anexo 3ª idade. Duración: 2 anos prorrogables por 1 ano máis.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto, con diversos criterios de adxudicación.

4. Orzamento base de licitación: 41.259,79 € anuais, IVE incluído.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación e información: web municipal (perfil do contratante): www.coruna.es Información: a) Teléfono: 981 18 42 19. b) Fax: 981 18 42 71. c) Correo electrónico: suministros@coruna.es d) Enderezo: praza de María Pita, 1-2º.

7. Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de proposicións: a) Prazo: quince días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e que remata ás 13.00 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ao día hábil seguinte. b) Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura das proposicións técnicas e económicas: a) Lugar: véxase o punto 6. b) Data e hora: publicarase no taboleiro de anuncios de contratación e/ou perfil do contratante.

10. Outras informacións: véxase o prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 17 de decembro de 2012

Rosa Mª Gallego Neira
Tenente de alcalde de Contratación