1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Subministracións. b) Número de expediente: S-32/2012.
2. Obxecto do contrato: subministración e implantación dun sistema integral de xestión e coordinación dos servizos de emerxencias do Concello da Coruña.
3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto, con diversos criterios de adxudicación.
4. Orzamento base de licitación: 194.667,00 €, IVE incluído.
5. Garantía provisional: non se exixe.
6. Obtención de documentación: web municipal (perfil do contratante): www.coruna.es Información: a) Teléfono: 981 18 42 19. b) Fax: 981 18 42 71. c) Correo electrónico: suministros@coruna.es d) Enderezo: praza de María Pita, 1-2º.
7. Clasificación: non se exixe.
8. Presentación de proposicións: a) Prazo: quince días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e que finaliza ás 13.00 horas. En caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ao día hábil seguinte. b) Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.
9. Apertura de proposicións técnicas e económicas: a) Lugar: véxase o punto 6. b) Data e hora: publicarase lugar, data e hora no taboleiro de anuncios de contratación e/ou perfil do contratante.
10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
A Coruña, 18 de decembro de 2012
Rosa Mª Gallego Neira
Tenente de alcalde de Contratación