Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Luns, 31 de decembro de 2012 Páx. 49425

III. Outras disposicións

Consello Consultivo de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2012, da Presidencia do Consello Consultivo de Galicia, pola que se fai público o acordo plenario polo que se establece o número, a distribución de asuntos e a composición das seccións do Consello Consultivo de Galicia para o ano 2013.

De conformidade co establecido no artigo 18 do Decreto 282/2003, do 22 de maio, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do Consello Consultivo de Galicia, esta Presidencia

RESOLVE:

Facer público o Acordo plenario do 20 de decembro de 2012, do Consello Consultivo de Galicia, polo que se establece o número, a distribución de asuntos e a composición das seccións do devandito Consello para o ano 2013, do teor literal seguinte:

«Segundo o disposto nos artigos 15 e 16 da Lei 9/1995, do 10 de novembro, de creación do Consello Consultivo de Galicia, e nos artigos 16 e 18 do seu Regulamento de organización e funcionamento, aprobado polo Decreto 282/2003, o Pleno do Consello Consultivo de Galicia, na súa reunión do día 20 de decembro de 2012,

ACORDA:

1. Establecer o número e a composición das seccións do Consello Consultivo de Galicia, en relación coas solicitudes de ditames correspondentes ao ano 2013, da forma seguinte:

Sección Primeira:

Presidenta: Mª Teresa Conde-Pumpido Tourón.

Vogais: Francisco Javier D’Amorín Viéitez.

José Gonzalo de la Huerga Fidalgo.

José Luis Costa Pillado.

Secretario: José Carlos López Corral.

Sección Segunda:

Presidente: Carlos Martínez-Buján Pérez.

Vogais: Francisco Javier D’Amorín Viéitez.

José Gonzalo de la Huerga Fidalgo.

José Luis Costa Pillado.

Secretario: Constantino Alvarellos Galve.

2. A distribución de asuntos entre elas efectuarase por quenda alternativa segundo a orde de entrada da solicitude de ditames.

3. Que, de acordo co parágrafo segundo do citado artigo 18, se publique este acordo no Diario Oficial de Galicia».

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2012

Mª Teresa Conde-Pumpido Tourón
Presidenta do Consello Consultivo de Galicia