Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Luns, 31 de decembro de 2012 Páx. 49427

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2012 pola que se publica o Plan de formación do persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2013.

O plan de formación da Escola Galega de Administración Pública –en diante, EGAP– para o persoal ao servizo desta comunidade autónoma preséntase, en síntese, como un documento no cal se establecen as principais áreas formativas que constitúen o marco xeral para mellorar a cualificación e a capacitación profesional dos traballadores deste ámbito. En canto aos contidos, o devandito plan é o resultado dun proceso de análise das necesidades formativas, da demanda real rexistrada nos cursos e da avaliación das actividades. Estas son as ferramentas clave que, nun marco de restrición orzamentaria, contribuíron a crear un programa de calidade e adecuado aos requirimentos dos usuarios sen incrementar os custos. Así, a EGAP considerou prioritario identificar as necesidades formativas do conxunto do persoal e da propia Administración, co fin de garantir que a cualificación profesional dos traballadores se adecue, cada vez máis, ás actividades que desenvolve e aos seus fins.

Neste proceso de detección de necesidades formativas participaron as distintas consellerías da Xunta de Galicia a través da rede de coordinadores de formación –responsables de elaborar as propostas de actividades– e contouse tamén coa colaboración de docentes e expertos de distintos eidos formativos.

Como resultado desta análise, a Escola presenta nesta resolución un plan de formación estruturado en accións formativas de carácter transversal e específico. As primeiras teñen por obxecto ofrecer un currículo básico horizontal que capacite os empregados públicos para realizaren as funcións e as tarefas que lles sexan asignadas ao longo da súa carreira profesional. É por isto que a docencia de carácter transversal se corresponde co ensino de funcións, coñecementos e habilidades que son xenéricas, que constitúen as bases da organización da Administración. Doutra banda, as accións formativas específicas comprenden o conxunto de actividades cuxo obxectivo está directamente relacionado coa adaptación permanente ao posto de traballo, incluíndo contidos sectoriais que afectan competencias concretas.

O Plan de formación para o ano 2013 responde a diferentes contornos de aprendizaxe e metodoloxías, entre os que se atopan a autoformación, a teleformación e a docencia presencial.

En primeiro lugar, destaca o inicio dun programa de autoformación. A través desta nova modalidade, a EGAP ofrece un catálogo de accións formativas nun novo formato, creando un espazo virtual de coñecemento que lle permitirá ao alumnado xestionar o seu proceso de aprendizaxe e acreditar a súa competencia mediante unha proba voluntaria, que lle dará dereito a obter un certificado de equivalencia.

A autoformación representa unha nova alternativa que favorece ao máximo o aproveitamento dos recursos formativos dispoñibles na Escola. Con esta actuación pioneira quérese promover un método pedagóxico, sustentado nas tecnoloxías da información e da comunicación, que favoreza a aprendizaxe autónoma, a flexibilidade e a actualización permanente dos coñecementos.

En segundo lugar, a EGAP continúa coa súa aposta pola modalidade de teleformación, aumentando ano a ano a porcentaxe destas actividades e ampliando as áreas ás cales se aplica.

Estas dúas modalidades –a autoformación e a teleformación–, ademais de ser unha medida de eficiencia no emprego dos recursos económicos, permitirán achegar as actividades da Escola a un maior número de empregados públicos, especialmente a aqueles que por barreiras xeográficas ou razóns de conciliación non poden optar á modalidade presencial.

Por último, nas accións formativas presenciais continúa o deseño de actividades que permitan a aplicación de coñecementos, a interacción e a verificación dos coñecementos adquiridos. Esta configuración contribuirá á bagaxe dos discentes e proporcionaralles os coñecementos e habilidades necesarios para cada un dos postos de traballo en que de-senvolvan a súa carreira administrativa.

Ademais da innovación nos formatos e modalidades, outro elemento destacado é a profunda renovación da oferta formativa que se produce a través deste plan que incorpora unha alta porcentaxe de cursos con novos contidos.

Con isto, a EGAP trata de reforzar a formación naqueles ámbitos que, polo seu carácter estratéxico e innovador, teñen un maior impacto na cidadanía. En consecuencia, na identificación dos contidos prestouse atención aos cambios organizacionais e procedementais, procurando acadar un equilibrio axeitado entre os aspectos novos e os necesarios elementos de continuidade. Como consecuencia destas decisións, o Plan de formación para o persoal da Administración autonómica do ano 2013 contará cunha elevada porcentaxe de novos títulos. Esta renovación do programa de actividades afecta un 41 % da formación en competencias transversais e un 64 % da formación en competencias específicas.

A programación destes novos cursos obedece a unha dobre finalidade: por unha parte, ofrecer formación sobre aspectos que revisten novidade, tanto desde un punto de vista xurídico como práctico, e, por outra, tratar aquelas materias con transcendencia e utilidade para o traballo dos empregados públicos.

En consonancia co anterior, na selección das temáticas tamén se tivo en conta o seu interese e actualidade, a utilidade da materia e a necesidade de elaborar unha oferta apta para todos os niveis e escalas da función pública.

Por outra parte, todas as actividades que integran este plan serán obxecto dunha análise posterior. A avaliación dos plan formativos, concibida como un proceso sistemático e permanente de recollida de información, é hoxe un dos alicerces nos cales se sustenta o modelo formativo da Escola. Este permite mellorar a programación dos cursos, adecuar as actividades ás necesidades e expectativas dos usuarios, coñecer os niveis de satisfacción coa formación e co labor docente, mellorar a calidade das actividades incluídas no plan sen incrementar os custos e, en último termo, reforzar a transparencia, a rendición de contas e o control de resultados.

Polo demais, cómpre sinalar tamén que esta resolución ten carácter informativo e que a execución das accións recollidas nela queda condicionada á existencia de crédito orzamentario adecuado e dispoñible e ao que se estipule en cada convocatoria. Así mesmo, non estará demais advertir que quedan excluídas as actividades derivadas de cursos selectivos; os cursos superiores; as actuacións en colaboración; as xornadas, conferencias e seminarios; as actividades doutras administracións públicas; e as actividades de formación do persoal docente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, da Administración de xustiza e do persoal sanitario. A estas últimas administracións dirixiranse convocatorias específicas de conformidade coa aprobación dos seus plans ou cos convenios que se asinen durante o ano 2013.

Feitas estas advertencias, resta tan só sinalar que para acceder ás accións formativas recollidas neste plan os empregados públicos deberán formalizar a súa matrícula despois de que se publiquen no Diario Oficial de Galicia as correspondentes convocatorias.

Este plan de formación continua foi aprobado polo Consello Reitor deste organismo autónomo en sesión do día 20 de decembro de 2012.

De acordo co exposto, publícase como anexo a esta resolución o Plan de formación do persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2013.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2012

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO

Formación en competencias transversais

Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas

Nome do curso

Edicións

Prazas

Horas

A revisión e revogación dos actos administrativos

1

25

20

O financiamento público privado

1

25

12

A compra ética pública. Introdución de criterios éticos e sociais na contratación pública

1

25

15

Nocións básicas de contabilidade pública

1

25

20

Política orzamentaria e desenvolvemento normativo na comunidade autónoma.

Tributos propios e tributos cedidos

1

25

15

Reforma do financiamento autonómico no marco da facenda descentralizada

1

25

15

Subvencións e axudas económicas en tempos de crise

1

30

15

Curso sobre a Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia

1

25

15

Estatuto básico do empregado público

3

50

25

Aspectos básicos da xestión do persoal: a función pública de Galicia

2

50

25

Procedemento administrativo

5

50

25

Os contratos do sector público

2

50

30

As subvencións. Regulación nacional e autonómica

2

50

40

Obradoiro de contratación administrativa. Nivel avanzado

2

20

40

Obradoiro de subvencións. Nivel avanzado

1

25

40

Unión Europea: políticas públicas e procedementos comunitarios

Nome do curso

Edicións

Prazas

Horas

A crise do euro e o goberno económico da Unión Europea

1

25

21

A responsabilidade do Estado por violacións do dereito da UE na xurisprudencia recente do TXUE e do TS español

1

25

21

O recurso por incumprimento e a responsabilidade das comunidades autónomas

1

25

24

Procedemento administrativo comunitario en materia de infraccións: incidencia en axudas, sancións e elaboración de normas

1

25

30

O desenvolvemento práctico da directiva de servizos: procedementos administrativos adaptados

2

25

30

Comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades

Nome do curso

Edicións

Prazas

Horas

Manual de estilo do DOG e outras publicacións institucionais

6

30

30

Comunicación escrita e elaboración de informes

6

25

20

A calidade da redacción administrativa. Técnicas para mellorala

1

25

18

Desenvolvemento e fomento das habilidades comunicativas na Administración pública

1

20

24

Uso de ferramentas informáticas para a xestión do tempo

1

20

12

Obradoiro de negociación e resolución de conflitos nas organizacións

1

20

20

Como elaborar presentacións eficaces a través do programa PowerPoint 2010

6

20

16

Técnicas elementais de arquivos

4

50

25

Xestión do tempo

2

50

25

Negociación e traballo en equipo

2

35

21

Habilidades pre-directivas

Nome do curso

Edicións

Prazas

Horas

Perfeccionamento de xefaturas de sección

2

50

120

Perfeccionamento de xefaturas de negociado

4

50

80

Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa

Nome do curso

Edicións

Prazas

Horas

Contratación e licitación electrónica

1

25

30

A e-administración

1

25

25

Normativa e procedementos da administración electrónica

1

25

25

Información e atención ao cidadán

2

60

25

A calidade na Administración pública. Procesos e procedementos

2

50

25

A protección de datos de carácter persoal. Nivel medio

2

50

25

A protección de datos de carácter persoal. Nivel avanzado

2

50

40

Programa de autoformación

Nome do curso

Edicións

Prazas

Horas

A calidade na Administración pública. Procesos e procedementos

2

50

25

Réxime disciplinario da función pública de Galicia

2

50

15

As subvencións. Fundamentos e aspectos básicos da súa ordenación

2

50

20

Introdución ao uso da Web 2.0 nas administracións públicas

2

50

30

Xénero e igualdade nas administracións públicas. A súa evolución normativa

2

50

25

Xestión das indemnizacións por razón do servizo

2

50

25

Os contratos administrativos. Preparación e adxudicación

2

50

20

Técnicas para unha boa redacción dos documentos administrativos

2

50

15

Introdución á informática. O procesador de textos Word 2010

2

50

25

Iniciación á administración electrónica. Seguridade da información e protección de datos

2

50

20

Portal de idiomas

Nome do curso

Edicións

Prazas

Horas

Medio de linguaxe administrativa galega

15

30

75

Superior de linguaxe administrativa galega

18

30

75

Inglés elemental (A2)

1

20

100

Inglés intermedio (B1)

1

20

100

Conversa en inglés

4

15

50

Lingua inglesa A2.I

6

20

50

Lingua inglesa B1.I

6

20

50

Lingua inglesa

10

50

80

Lingua francesa

4

50

150

Lingua portuguesa

2

50

150

Plan formativo ofimático de Galicia

Nome do curso

Edicións

Prazas

Horas

Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (contorno Windows)

7

50

30

Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (contorno Linux)

4

50

30

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Microsoft Office 2010)

7

50

30

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (OpenOffice)

6

50

30

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (Microsoft Office 2010)

5

50

50

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (OpenOffice)

4

50

50

Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (Microsoft Office 2010)

4

50

50

Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (OpenOffice)

3

50

50

Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información (Microsoft Office 2010)

6

50

30

Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información (OpenOffice)

4

50

30

Probas de avaliación de carácter libre do Plan formativo ofimático de Galicia

70

50

190

Formación en competencias específicas

Presidencia da Xunta de Galicia

Secretaría Xeral para o Turismo

Nome do curso

Edicións

Prazas

Horas

Normativa e procedementos en materia de turismo

1

35

25

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Nome do curso

Edicións

Prazas

Horas

ITIL v3 2011

1

50

15

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

Vicepresidencia

Secretaría Xeral da Igualdade

Nome do curso

Edicións

Prazas

Horas

Indicadores de xénero

1

20

21

Violencia de xénero

1

20

21

Formación básica en materia de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes

1

20

21

Igualdade de xénero: perspectiva xurídica

1

20

21

Asesoría Xurídica Xeral

Nome do curso

Edicións

Prazas

Horas

Curso práctico sobre a Lei 16/2010, do 17 de decembro - LOFAXGA

1

20

24

As particularidades das entidades instrumentais do sector público autonómico

1

20

24

Técnica normativa. Elaboración e tramitación de disposicións de carácter xeral

2

20

15

Curso de dereito sancionador e control xurisdicional da potestade sancionadora da Administración

1

20

21

A inactividade da Administración e as súas consecuencias nos diferentes ámbitos da actuación administrativa

1

20

21

Os convenios interadministrativos

1

20

36

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

Nome do curso

Edicións

Prazas

Horas

Curso de condución preventiva e condución eficiente para condutores/as do parque móbil da Xunta de Galicia

5

36

4

Curso de rexistro e información administrativa

7

20

20

Curso de elaboración e implantación de plans de emerxencia

1

30

30

Curso sobre as fundacións de interese galego

1

30

15

Servizo de Prevención de Riscos Laborais

Nome do curso

Edicións

Prazas

Horas

Básico en prevención de riscos laborais

3

50

50

Os primeiros auxilios

3

50

20

Prevención de riscos laborais en oficinas e despachos

3

50

15

Prevención de riscos laborais para o persoal responsable dos centros de traballo da Xunta de Galicia

1

30

10

Prevención de riscos laborais: seguridade nos laboratorios

1

50

25

Prevención de riscos laborais. Primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación

5

25

12

Consellería de Facenda

Nome do curso

Edicións

Prazas

Horas

Curso práctico de subvencións. Lei 9/2007 e regulamento de subvencións de Galicia

2

25

30

Curso práctico de xestión orzamentaria

1

25

50

Fiscalización e auditoría de expedientes financiados con fondos comunitarios

2

20

30

Fondos estruturais. Período 2007-2013 e previsións para o novo período 2014-2020

2

25

30

Sistema de análise de información da factura electrónica

3

15

12

Xeito. Alis (Axuda ás liquidacións do imposto de sucesións)

2

15

12

Xumco2. Entrada de documentos, gastos e pagamentos. Orzamentación

2

15

15

Aproveitamento da información estatística dispoñible no IGE: introdución ao SPSS

1

20

30

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

Nome do curso

Edicións

Prazas

Horas

Curso sobre disciplina urbanística

1

30

30

O réxime urbanístico do solo en Galicia

1

30

25

Os sistemas de información xeográfica e a xestión da información territorial

1

20

30

Sistemas de captura de información xeográfica: tecnoloxías tradicionais e LIDAR

1

20

30

Consellería de Economía e Industria

Nome do curso

Edicións

Prazas

Horas

Actualización normativa en materia de consumo: Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias

5

30

8

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Cultura

Nome do curso

Edicións

Prazas

Horas

A web social nas bibliotecas: estar e saber estar como organismos de información nas redes

1

25

25

Conservación preventiva de documentos

1

30

15

Sistemas de calidade en bibliotecas

1

25

15

Software libre para arquivos: ICA-AtoM

1

20

16

Educación

Nome do curso

Edicións

Prazas

Horas

O coidado do alumnado con inadaptación escolar por trastornos de conduta

1

20

20

O coidado do alumnado con necesidades derivadas dunha discapacidade motora

1

20

20

O coidado do alumnado con trastornos xeneralizados do desenvolvemento no contorno educativo

2

20

20

Consellería de Traballo e Benestar

Traballo

Nome do curso

Edicións

Prazas

Horas

Análise, avaliación e deseño de medios de protección para a seguridade das máquinas

2

16

15

Orientación e atención aos usuarios do Servizo Público de Emprego de Galicia

4

75

25

Orientación e fomento do autoemprego cooperativo

1

35

32

Benestar

Nome do curso

Edicións

Prazas

Horas

Análise dos procesos de dependencia. O modelo de toma de decisións. Orde do 2 de xaneiro de 2012

3

25

25

Aplicación de soporte ao procedemento BS611A – Recoñecemento do grao de discapacidade

1

25

20

Novas aplicacións de xestión da PNC e Risga

1

25

20

O sistema de dependencia: determinación da capacidade económica da persoa beneficiaria. Cuantificación e xestión das libranzas

1

30

20

Sensibilización fronte ao sistema de xestión e control de suxeicións restritivas en centros de atención sociosanitaria

1

25

10

Sistema integrado galego de atención á dependencia (SIGAD) e expediente dixital de dependencia

2

25

20

Consellería do Medio Rural e do Mar

Medio Rural

Nome do curso

Edicións

Prazas

Horas

Actualización en benestar animal. Controis oficiais segundo o Regulamento (CE) 882/2004

2

25

25

Curso sobre investigación de causas e accidentes en incendios forestais

1

30

40

Curso sobre a Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia

6

50

40

Curso sobre a Lei de prevención e defensa contra incendios forestais- texto consolidado

4

50

30

O novo período de desenvolvemento rural 2014-2020

1

20

20

Xestión de proxectos, dirección e control de obras e servizos técnicos financiados con fondos Feader

1

35

8

Mar

Nome do curso

Edicións

Prazas

Horas

Ferramentas numéricas imprescindibles na bioloxía mariña

1

20

72

Inspección pesqueira: DEA, calibrador de mallas e control da rastrexabilidade dos produtos pesqueiros

1

20

21