Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Luns, 28 de xaneiro de 2013 Páx. 2354

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 11 de xaneiro de 2013, da Dirección Xeral de Emprego e Formación, pola que se notifica a resolución do procedemento de reintegro de subvención concedida no expediente TR352A 2008/480-0.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, pola presente cédula notifícaselle á entidade relacionada no anexo resolución do procedemento de reintegro da subvención concedida mediante resolución do director xeral de Promoción do Emprego do 31 de decembro de 2008.

Faise saber que esta resolución pon fin á vía administrativa e que contra ela cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da resolución ante a Dirección Xeral de Emprego e Formación, de acordo co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2013

Ana María Díaz López
Directora xeral de Emprego e Formación

ANEXO

Entidade: Asociación de Empresarios de Fisterra.

Enderezo: rúa Santa Catalina, 14, 15155 Fisterra.

Nº expediente: TR352A 2008/480-0.

Data da resolución do procedemento de reintegro: 19 de decembro de 2012.

Cantidade que hai que reintegrar: 0 €.