Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Luns, 28 de xaneiro de 2013 Páx. 2360

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CÉDULA do 11 de xaneiro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se fai pública unha relación de notificacións de resolucións dos expedientes sancionadores (PESAN1 2012/000700-5 e PESAN1 2012/000711-5).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícanselles ás persoas que a continuación se relacionan, as resolucións dos expedientes instruídos por infracción da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG nº 243, do 15 de decembro).

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez días, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto, para examinaren o expediente e interpoñeren, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.

Os expedientes relacionados a seguir atópanse á disposición dos interesados na Xefatura de Coordinación da Área do Mar en Vigo; r/ Concepción Arenal, 8, 4º andar.

Nº de expediente: PESAN1 2012/000700-5.

Denunciado: Gustavo Garrido Lobato.

DNI: 77404800-W.

Dirección: Vilalonga-Salgueira, nº 75, Sanxenxo (Pontevedra).

Precepto infrinxido: 137.B.2.

Sanción: 500 euros.

Nº de expediente: PESAN1 2012/000711-5.

Denunciado: Félix Leiro Bravo.

DNI: 35458339-K.

Enderezo: Virxe das Mareas, nº 50, O Grove (Pontevedra).

Precepto infrinxido: 137.B.2.

Sanción: 151 euros.

De conformidade co previsto na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG nº 235, do 5 de decembro), os importes das ditas sancións deberán ser aboados nos prazos que establece o artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, ou do contrario, procederase, sen máis trámite, ao seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria. Para o pagamento en período voluntario, os interesados deberán recoller na Xefatura de Coordinación da Consellería do Medio Rural e do Mar o documento de ingreso correspondente.

Se cumpren os requisitos previstos no artigo 151 da Lei 11/2008, do 3 de decembro, poderán solicitar, no prazo dun mes contado a partir da firmeza da presente resolución, a suspensión condicional da execución da sanción imposta, mediante escrito motivado en que manifesten o compromiso de se ateren ás condicións que para o seu outorgamento se establezan, co fin de garantir, durante o prazo de suspensión, un comportamento de respecto á normativa reguladora da actividade pesqueira.

Vigo, 11 de xaneiro de 2013

Gerardo Zugasti Enrique
Xefe territorial de Pontevedra