Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Luns, 28 de xaneiro de 2013 Páx. 2319

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4006/2012 MDM).

Secretaría: Sr. Gamero López-Peláez//MDM.

Tipo e nº de recurso: recurso de suplicación 4006/2012.

Xulgado de orixe dos autos: demanda 60/2012 Xulgado do Social número 1 de Ferrol.

Recorrente: Repsol Butano, S.A.

Avogado: Enrique Ceca Gómez-Arevalillo.

Procurador: Juan Lage Fernández-Cervera.

Recorridos: Repsol YPF, S.A., Víctor San Martín, S.L., José Ángel Medín González, Leonardo Meizoso Ameneiro.

Francisco Javier Gamero López-Peláez, secretario xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 4006/2012, seguidos por instancia de Repsol Butano, S.A. contra a empresa Repsol YPF, S.A., Víctor San Martín, S.L. e José Ángel Medín González e Leonardo Meizoso Ameneiro, sobre resolución de contrato, se ditou sentenza con data 16 de novembro de 2012, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decidimos.

Que estimando o recurso de suplicación interposto polo letrado Enrique Ceca Gómez-Arevalillo, en nome e representación de Repsol Butano, S.A., contra a sentenza do Xulgado do Social número 1 de Ferrol, do trinta de marzo de dous mil doce, en autos número 60/2012, seguidos por demanda de José Ángel Medín González e Leonardo Meizoso Ameneiro contra V. Sanmartín, S.L., Repsol Butano S.A. e Repsol YPF, S.A., revogamos a dita resolución tan só no referente á declaración de responsabilidade solidaria da recorrente, que queda sen efecto, confirmándoa no resto dos seus termos. Unha vez firme a presente sentenza procédase á devolución do depósito e das consignacións feitas ou, se é o caso, á cancelación dos aseguramentos prestados para interpoñer o recurso de suplicación.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, con devolución previa dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Víctor San Martín, S.L., cuxo último domicilio coñecido foi en Ferrol, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 8 de xaneiro de 2013

O secretario xudicial