Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Luns, 28 de xaneiro de 2013 Páx. 2316

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ORDE do 14 de xaneiro de 2013 pola que se resolve parcialmente a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, anunciada pola Orde do 16 de abril de 2012.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, anunciada pola Orde do 16 de abril de 2012 (Diario Oficial de Galicia nº 83, do 2 de maio), de conformidade co establecido no artigo 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4 do referido decreto lexislativo, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver parcialmente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación de varios postos de traballo vacantes na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, anunciada pola Orde do 16 de abril de 2012 (Diario Oficial de Galicia nº 83, do 2 de maio).

Segundo. Adxudicar destino, nos postos de traballo que se indican, e seleccionar os funcionarios que se relacionan no anexo desta orde.

Terceiro. O cesamento no destino actual dos funcionarios que obtiveron praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente os funcionarios presten servizos, ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e co disposto na base sétima da convocatoria.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, fosen concedidos aos interesados. Nos supostos de baixa por incapacidade temporal iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto. As xefaturas dos centros en que causen baixa os funcionarios, así como as daqueles en que obteñan destino consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.

Quinto. Ofrecer aos interesados o seguinte réxime de recursos contra a orde que resolve a convocatoria, que esgota a vía administrativa: recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2013

Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Apelidos e nome: Mª Dolores Otero Fernández.

NRP: 3275353202 A2060.

Grupo: A1.

Denominación do posto de traballo: xefatura do Servizo Provincial da Axencia na Coruña.

Código do posto de traballo: MA.K19.10.000.15001.001.

Centro directivo: Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

Localidade: A Coruña.

Corpo ou escala: xeral/especial.

Nivel: 28.

Complemento específico: 14.604,66 €.

Apelidos e nome: Pilar Díaz Herrera.

NRP: 3331172602 A210A.

Grupo: A1.

Denominación do posto de traballo: xefatura do Servizo de Inspección do Litoral.

Código do posto de traballo: MA.K01.00.001.15770.040.

Centro directivo: Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo ou escala: xeral/especial (escala inspección urbanística).

Nivel: 28.

Complemento específico: 15.981,84 €.

Apelidos e nome: Mª Mar Vega Lorenzo.

NRP: 3329293102 A2060.

Grupo: A1.

Denominación do posto de traballo: xefatura do Servizo de Ditames e Informes.

Código do posto de traballo: MA.K01.00.001.15770.060.

Centro directivo: Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo ou escala: xeral/especial (escala inspección urbanística).

Nivel: 28.

Complemento específico: 15.981,84 €.