Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Luns, 28 de xaneiro de 2013 Páx. 2311

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 18 de xaneiro de 2013 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nesta consellería.

De conformidade co establecido nos artigos 17.4 e 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dos postos de traballo que se detallan no anexo I desta orde.

Segundo. Poderán concorrer a ela os funcionarios ou funcionarias que reúnan as condicións que para o posto de traballo se sinalan.

Terceiro. As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela), nas xefaturas territoriais da Consellería de Facenda ou nas oficinas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 15 días contados a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, conforme o modelo que se inclúe como anexo II.

Cuarto. Os aspirantes deberán achegar coa petición un currículo e xustificar, mediante certificación ou copia compulsada dos documentos acreditativos, os méritos que aleguen.

Os méritos alegados e non probados segundo se indica no parágrafo anterior non se terán en conta.

Quinto. No caso de resultar seleccionado para ocupar o posto de traballo persoal funcionario doutras administracións públicas, requirirase o informe favorable do órgano competente da súa administración de orixe, e considerarase neste sentido de non emitirse no prazo de 15 días, tal como dispón o artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo. Unha vez autorizado o seu traslado a esta administración, procederase a adxudicarlle o posto para o cal foi seleccionado.

Sexto. A resolución desta convocatoria publicarase no Diario Oficial de Galicia e poderá, de considerarse oportuno, declararse deserta.

Sétimo. O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se o destino anterior radica na mesma localidade que o novo, ou dun mes de tratarse de distinta localidade ou se comporta o reingreso ao servizo activo. Este prazo computarase desde o día seguinte ao do cesamento, que se efectuará dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación da orde de resolución no Diario Oficial de Galicia. No caso de reingreso ao servizo activo comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación da resolución.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2013

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO I

Denominación: xefatura do Servizo de Xestión Riscos e Seguros.

Código do posto: FCC020000215770031.

Nivel: 28.

Complemento específico: 15.981,84 euros.

Subgrupo: A1/A2.

Corpo ou escala: xeral.

Tipo de posto: non singularizado.

Tipo de adscrición: (AXG) adscrición exclusiva a funcionarios da Administración da Xunta de Galicia.

Centro directivo ou dependencia: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

Localidade: Santiago de Compostela.

Denominación: subdirector/a xeral de Coordinación e Relacións co Consello de Contas.

Código do posto: FCC030000515770001.

Nivel: 30.

Complemento específico: 21.029,54 euros.

Subgrupo: A1.

Corpo ou escala: xeral (finanzas.A9.3).

Tipo de posto: non singularizado.

Tipo de adscrición: (A11) adscrición indistinta a funcionarios da Administración da Xunta de Galicia, Administración do Estado, Administración de comunidades autónomas.

Formación específica: (640) para persoal doutra administración, curso de perfeccionamento de galego (RI).

Centro directivo ou dependencia: Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.

Localidade: Santiago de Compostela.

missing image file
missing image file