Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Martes, 29 de xaneiro de 2013 Páx. 2463

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1016/2012).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que neste procedemento se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución se reproducen integramente e son como segue:

«Sentenza 940/2012.

A Coruña, 14 de decembro de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 (reforzo) da Coruña, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre despedimento 1016/2012, en que foi demandante Dolores Portela Fiaño, representada polo letrado Sr. García Vilaboy, e demandada a empresa Muebles Ciudad de Marineda, S.L. Da mesma maneira foi citado o Fondo de Garantía Salarial.

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por Dolores Portela Fiaño contra a empresa Muebles Ciudad de Marineda, S.L. e, en consecuencia, declaro improcedente a extinción do contrato da demandante e condeno a empresa demandada a que, no prazo de cinco días desde a notificación desta sentenza, opte entre a readmisión de Dolores Portela Fiaño nas mesmas condicións que rexían no momento de se producir o despedimento, co aboamento dos salarios de tramitación que, desde a data do despedimento ata a desta sentenza, ascenden á cantidade de 4.493,61 euros, aos cales se lles deberán engadir os que se devindiquen ata a súa notificación, a razón de 38,98 euros diarios, e a extinción da relación laboral, con aboamento a Dolores Portela Fiaño da cantidade de 2.678,40 euros, en concepto de indemnización, así como de 4.291,92 euros en concepto de salarios e demais conceptos retributivos que se lle deben.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá ser anunciado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou colexiado ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto da condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Inscríbase no libro de rexistro da súa clase.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación ao representante legal da empresa Muebles Ciudad de Marineda, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 8 de xaneiro de 2013

A secretaria xudicial