Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Martes, 29 de xaneiro de 2013 Páx. 2465

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1093/2012).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fai saber que neste procedemento se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución se reproducen integramente e son como segue:

«Sentenza 875/2012.

Resolución de contrato 1093/2012.

Sentenza.

A Coruña, 17 de decembro de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 (reforzo) da Coruña, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre resolución de contrato 1093/2012, en que foi demandante Jessica Parrilla Carnes, representada pola letrada Sra. Rodríguez Ferreiro, e demandada a empresa José Luis Villanueva Hoyo.

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por Jessica Parrilla Carnes contra a empresa José Luis Villanueva Hoyo e, en consecuencia, declaro, con efectos da data desta sentenza, a resolución da relación laboral existente entre a traballadora e a empresa, como consecuencia do incumprimento contractual do empresario, e condeno a empresa demandada a lle aboar á demandante a suma de 1.005,76 euros en concepto de indemnización.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá ser anunciado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza.

Inscríbase no libro de rexistro da súa clase.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación ao representante legal da empresa José Luis Villanueva Hoyo, en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 8 de xaneiro de 2013

A secretaria xudicial