Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Venres, 1 de febreiro de 2013 Páx. 2925

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2012, da XefaturaTerritorial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica LMTS e CT Fontei-A Rúa, no concello da Rúa (expediente IN407A 2012/54-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: LMTS e CT Fontei-A Rúa.

Situación: A Rúa.

Características técnicas:

– LMT subterránea a 20 kV de 500 m de lonxitude con condutor RHZ1 e orixe na LMT ao CT 32CB88 Arnaveca e final no CT 32CL62 Padre Feijóo con entrada e saída no CT proxectado, prefabricado de 400 kVA, R/T 20.000/400-230 V.

– RBT aereosubterránea de 20 m en aéreo con condutor RZ 0,6/1 kV e 583 m en subterráneo con condutor XZ1 0,6/1 kV, derivada do CT proxectado Fontei.

Orzamento: 115.981,44 euros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguranza establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 28 de decembro de 2012

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense