Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Venres, 1 de febreiro de 2013 Páx. 2934

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación do artigo 4 dos estatutos sociais da entidade Talleres Agronifer, S. Coop. Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, e no artigo 53.1 do Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta xefatura territorial resolveu inscribir neste Rexistro Provincial de Cooperativas a modificación do artigo 4 dos estatutos sociais da entidade Talleres Agronifer, S. Coop. Galega, pola que se engaden as seguintes actividades: agricultura e servizos agrícolas e gandeiros.

Ourense, 11 de xaneiro de 2013

José Selas Souto
Xefe territorial de Ourense