Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Mércores, 6 de febreiro de 2013 Páx. 3512

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (97/2011).

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela (A Coruña), fai saber que na execución seguida neste xulgado co número 97/2011 por instancia de Francisco García Noya contra o executado Manuel Míguez Domínguez, sobre reclamación de cantidade, ditouse o día 17 de xaneiro de 2013 decreto de insolvencia no sentido de declarar o executado en situación de insolvencia total, por importe de 786,25 euros de principal, máis 78,62 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional. E, de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2013

A secretaria xudicial